Nome oficial | LXIII Qantas Australian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Australia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 |
Distancia do evento | 58 |
Localización e Datas | |
Localización | Melbourne Grand Prix Circuit (City of Port Phillip (en) ) 37°50′59″S 144°58′06″L / -37.849722222222, 144.96833333333 |
Lonxitude | 5,278 km |
País | Australia |
Data | 8 de marzo de 1998 |
Competición | |
Primeiro posto | Mika Häkkinen |
Pole position | Mika Häkkinen |
Volta máis rápida | Mika Häkkinen |
O Gran Premio de Australia de 1998 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 8 de marzo de 1998 en Melbourne. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un de 1998 e a 63ª carreira na historia combinada do Gran Premio de Australia que data do 100 Miles Road Race de 1928. A carreira disputada en 58 voltas ao circuíto de 5´3 quilómetros foi a sexta vez que se celebrarou no Albert Park, usado por primeira vez en 1953 e a terceira desde que o novo circuíto acolleu a carreira en 1996.
A carreira gañouna Mika Häkkinen no McLaren - Mercedes por diante do seu compañeiro de equipo David Coulthard en circunstancias controvertidas. O pilto de Williams Heinz-Harald Frentzen terminou en terceiro lugar. A carreira tamén representou a primeira vitoria para o fabricante de pneumáticos xaponés Bridgestone na Fórmula Un e a primeira carreira desde o Gran Premio do Canadá de 1991 non gañada por Goodyear. Johnny Herbert anotou o seu único punto da tempada.